O Orballo Cultural estrea a tempada de festivais de verán
 
    22:28 24/06/21 
            
                  Despois de ter que cancelar os eventos que organizaran a semana 
pasada en Carballo pola chuvia, a xente de Orballo Cultural estreará,
esta fin de semana, a tempada de festivais na Costa da Morte e,
prácticamente en toda a provincia da Coruña.
Serán Portocubelo (Carnota) e o Fórum de Carballo os primeiros en
desfrutar destes eventos, tanto sábado como domingo. Unha forma
inmellorable de comezar o verán que vimos de abrir.
En Carnota, onde se colgou o cartel de non hai entradas xa hai un par
de semanas, estará a gran actuación de MCLAN, que compartirá
escenario con Apart na tarde do sábado. E a mañá do domingo
continúa o espectáculo con Monoulious Dop e The Rapants.
Pola súa parte, en Carballo, onde aínda quedan as últimas entradas á
venda, estarán Verto e F0 Records amenizando a tarde do sábado, e
Xiao Berlai e a banda Momboi en horario de sesión vermú do domingo.
Despois de moito traballo, Orballo estrea por fin un verán do que
espera moitas alegrías, xa que está a presentar un calendario de
eventos sen igual en todo o panorama galego.