Os novos sucesores de Ramón Caamaño teñen obxectivo da Costa

Xa temos as fotos gañadoras do III Maratón Fotográfico Ramón Caamaño, que artella o Concello de Muxía. Un xeito de recuperar o nome do fotógrafo máis famoso da historia da Costa da Morte e un dos máis recoñecidos de Galicia, e de paso dar a coñecer as marabillas do noso territorio.
Ademais, a proposta conta coa colaboración da Asociación Muxía Turismo Natural, polo que a metade dos premios eran para as series máis bonitas realizadas sobre as casas rurais do concello.

O xurado estivo presidido polo Alcalde Félix Porto, coa Concelleira de Cultura Amparo Baña, os fotógrafos Ana García e Marcos Rodriguez (este último gañador do I Maratón Fotográfico Ramón Caamaño e coñecido como "SCD") e os representantes da Asociación de Turismo Rural Muxía Natural, Lolo Sambad e Jesús Trillo. E foron eles os que escolleron estas marabillas, todas de fotógrafos da zona.

Gañadores Tema A - Libre

- 1º premio (800 €) - "Reflexos na Barca", de Antonio Amboade Vázquez, de Cee.

- 2º Premio (400 €) - "A esfolla dos Espitaleiros", de Eduardo Verdes Pereira, de Laracha.

- 3º Premio (fin de semana en casa rural) - "O gardián da noite" de Moisés López Montero, de Viseo, Muxía.

E levaron sendos accesits (fin de semana en casa rural) as fotografías "Río Negro" de Eduardo Verdes (Laracha) e "Pescando en Moreira" de Alberto Pose Lagoa (de Morpeguite, Muxía).

Gañadores Tema B - Casas de Turismo Rural

- 1º premio (800 €) - Gustavo González Rodriguez, de Muxía.

- 2º premio (fin de semana en casa rural) - Juan Luis Louro Cambeiro, de Ézaro.

- 3º premio (fin de semana en casa rural) - Antonio Amboade Vázquez, de Cee.

E un accesit (fin de semana en casa rural) - Moisés López Montero, de Viseo Muxía.


Máis información


Novas relacionadas

Máis novas

Fonte