Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Un Nadal completísimo en Muxía

Un Nadal completísimo en Muxía
muxia-nadal 2012

Completo o programa de Nadal do Concello de Muxía. Visitas guiadas, mostras, concurso de tapas, fotografía, poesía obradoiros, proxecciónse xogos para os pequenos...

Un mes de decembro intenso, que xa comeza a golpe de ponte da Constitución, e cos mosteiros como protagonistas. Se xa puidemos coñecer Moirame por dentro, esta ponte voltaremos repasala e iremos ata o de Ozón para coñecer ademais o traballo da Cooperativa Aurora de los Caminos.

Programa Nadal 2012 en Muxía

Xornadas dos mosteiros

  • Xoves 6 de decembro: visita guiada ao mosteiro de Ozón, con Xan Fernández Carrera e Ricardo Bello Mato. Ás 11:30 horas. Organizan Concello de Muxía e Aurora de los Caminos. Haberá doces e infusións.
  • Sábado, 8 de decembro: ruta e visita guiada a Moraime e á Pedra da Forca, con Manuel Vilar. Saída do Concello ás 10 horas. Inscribirse previamente no Concello.

Mostra miradas

A Inauguración da mostra colectiva "Miradas" terá lugar o Venres, 7 de decembro, ás 20:30 horas. Estará aberta no Edificio de Servizos Múltiples do 7 de decembro a 6 de xaneiro.

Maratón Ramón Caamaño

A Entrega dos Premios do Maratón de fotografía Ramón Caamaño terá lugar o sábado, 15 de decembro ás 19:00 horas. Salón de Actos do Voluntariado.
A continuación: Recital de Poetas da Costa da Morte.

IV Concurso da tapa muxiá

Un dos programas de máis éxito do programa muxián xa que xa chega ao seu 4º ano. Poderemos disfrutar da mellor gastronomía da Barca as fins de semana do 15 e 16 e do 22 e 23 de decembro.

Actividades para os pequenos

Haberá tamén obradoiros de manualidades e medioambiente, para nen@s. A cita será o luns 24 de decembro e fai falta inscrición previa no Concello ata o xoves 20 de decembro.

O xoves 27 de decembro, ás 18:00 da tarde terá lgar unha cita agardada, a proxección do filme "O Apóstolo", no Salón do Voluntariado. Non recomendada menores de 7 anos. Un filme que se volverá a emitiro o xoves 3 de xaneiro ás 18:00h no Salón.

E o sábado, 29 de decembro, ás 18:00h da tarde, no Salón do Voluntariado, toca un Espectáculo para público infantil, chamado "A Bruxiña de Nadal".

Xa o Venres, 4 de xaneiro, ás 18:00h chega Ni fu ni fa co espectáculo “De película” para tódolos públicos.

E pecharán os Reis coa súa cabalgata polas parroquias durante todo o día do 5 de xaneiro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios