Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Ramón Caamaño escoulleu as fotos que mellor reflicten a beleza muxiá

Ramón Caamaño escoulleu as fotos que mellor reflicten a beleza muxiá

Seguen de moda os certames fotográficos e se ahi apenas un par de semanas coñeciamos os gañadores do Certame de Fotografía do GDR, hoxe imos ata Muxía. Alí, o Concello de Muxía vén de publicar o resultado do II Maratón de Fotografía Ramón Caamaño. Se o ano pasado Marcos Rodríguez eirixiuse como o primeiro sucesor do mítico fotógrafo muxián, este ano o concello buscou diferentes categoría.

Así houbo 3 categorías, con 3 premios cada unha. Ademais da natureza e do Patrimonio etnográfico, a participación no certae da Asociación Muxía Natural abriu a terceira temática, enfocada a sacar ás mellores imaxes das casas rurais do concello.

Foi o vimiancés Xoán Carballo quen levou máis premios, con 1 primeiro premio á mellor foto natura, e 2 terceiros. Gustavo González tamén levou dous premios e tamén podemos ver personalidades como Manolo Vilar, que coa súa cámara acadou o 3 premio á mellor foto de natureza.

Tema A: Entorno natural

  • 1º PREMIO: Xoan Carballo Folgado coa fotografía Caldeiras do Castro.
  • 2º PREMIO: Gustavo González Rodriguez coa fotografía Sala do Perello.
  • 3º PREMIO: Manuel Vilar Álvarez coa fotografía Río Negro.

Tema B: Patrimonio Arquitectónico e Etnográfico

  • 1º PREMIO: Gustavo González Rodriguez coa fotografía Mosteiro de Moraime.
  • 2º PREMIO: Moisés López Montero coa fotografía Barca.
  • 3º PREMIO: Xoan Carballo Folgado coa fotografía Muíños do Río Negro.

Tema C: Establecimentos de Turismo Rural

  • 1º PREMIO: Rodrigo Martínez Sande.
  • 2º PREMIO: Víctor Hugo Conde López.
  • 3º PREMIO: Xoan Carballo Folgado.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muxía.

comentarios