O Percebe da Barca, a Empanada de Carballo e as fabas de Coristanco triunfan en Madrid Fusión

Percebe da Barca en Madrid Fusion
  • Os cociñeiros Iván Domínguez e Moncho Méndez amosan as potencialidades da alta gastronomía coruñesa

Rematou a FITUR, e xa se puxo en marcha Madrid Fusión. E non falta a Deputación e a Costa da Morte tampouco a un dos congresos gastronómicos máis importantes do estado.

É a primeira vez que a Deputación visita o Madrid Fusión, mantendo a súa pola promoción da cadea gastronómica baixo a campaña ‘A provincia que sabe’. Así, acompañan no posto a Asociación de Profesionais do Percebe da Barca co seu Tesouro Atlántic (Muxia), os produtos da horta de “La Despensa D’Lujo” (Coristanco), e Costumes Galicia Empanada Artesá (Carballo); ademais de A Conserveira Ribeira), Queixería Galmesán (Arzúa) e Choiva Viños (viños da I.X.P. Betanzos e da I.X.P. Barbanza e Iria).

Expedición provincial
O percebeiro muxián Santi Pérez e o vice presidente da Deputación Xosé Regueira co congro

Foi unha xornada longa para os percebeiros muxiáns, que ergueron e conseguiron bo percebe para que pasadas as 19:00h, os cociñeiros coruñeses Iván Domínguez e Moncho Méndez, do restaurante madrileño Xeito!19’20”, realizasen un showcooking cos produtos escollidos.

Os percebes da Asociación de Profesionais do Percebe da Barca (Muxía) e o queixo Galmesán (Arzúa) foron cociñados nun risotto de marisco, e as ‘alubias roxas’ de La Huerta D’Lujo (Coristanco) formaron parte dun guiso de ameixas, nun menú no que tamén se incluíron as empanadas de Costumes Galicia (Carballo).

Ao remate, disfrutaron dunha boa cea.

Novas relacionadas