Percebeir@s da Barca e de Corme lideran a creación dunha Asociación Galega de Percebeiros e Percebeiras
No marco da singradura por conseguir que a súa profesión sexa considerada Patrimonio Inmaterial e Cultural pola UNESCO, os percebeir@s da Barca e de Corme veñen de dar un importante paso adiante.
Esta mañá de venres celebraban unha reunión sede da confraría de Muxía na que se deron cita alcaldes da Costa da Morte e representantes de confrarías para refrendar o respaldo total á devandita candidatura. E unha das primeiras conclusións foi a creación da Asociación Galega de Percebeiros e Percebeiras para a defensa dos seus intereses profesionais.
Coa axuda da ADL do Concello de Muxía, Anabel Piñeiro, xa se puxeron en marcha para redactar un borrador de estatutos que se enriquecerá coas aportacións de percebeiros e percebeiras de toda Galicia que queiran sumarse a esta iniciativa.
De inicio Roberto Vidal, persidente da Agrupación de Percebeiros de Corme e ex patrón maior, será o presidente. Ao seu carón estará os muxiáns Santiago Pérez e Toñico Haz Amigo, e o novo patrón maior de Corme Juan Luís Novo.
Nas vindeiras semanas esperan convocar unha xuntanza para a constitución formal da mesma.
Novas relacionadas
- Xaneiro 22: Os percebeiros piden incluír a palabra “percebeiro-a” no Diccionario da RAG e da RAE
- Decembro 22: Os Percebeiros da Costa da Morte preparan a súa candidatura como Patrimonio Cultural Inmaterial da UNESCO.
- Setembro 22: BeirAtlántica: O Percebe da Barca tamén ten a súa ruta.
- Xullo 22: O Percebe do Roncudo cumpliu 30 anos cunha festa integral.
- Xullo 22: O Tesouro Atlántico do #PercebeDaBarca xa ten un envase á súa altura.