A Romaría da Virxe da Barca, do local ao internacional

O Alalá de Muxia con Xabier Diaz na Punta da Barca, un momento máxico-Foto-Dimas

Ademais de ser a festa que mellor marida as vertentes etnográfica, relixiosa e festexeira, a Romaría da Virxe da Barca é a festa máis internacional da comarca. A súa posición como un dos remates do Camiño Santiago Fisterra-Muxía fai que sexan moitos os peregrinos de todo o planeta que fagan parada e fonda aproveitando esta singular romaría

Así se viviu na procesión deste luns de volta da imaxe da Virxe dende a Igrexa Parrroquial ata o Santuario da Barca, con centos de veciños e veciñas acompañados tamén de persoas chegadas do Reino Unido, Estados Unidos, Corea do Sur e Taiwán que se mesturaban, nunha concorrida procesión e misa solemne, cantada pola Coral Polifónica de Muxía.

Peregrinos Taiwaneses na Romaria da Barca

Nas rúas da vila, atopábanse catro testemuñas que coñeceron de preto a tradición muxiá nesta fin de semana. Os relatos independentes de David Smith, Elizabeth Phamestir, Yo Han e Sindy Wang coinciden nun detalle: decidiron prolongar a súa peregrinaxe máis aló de Santiago de Compostela, ata Muxía, coñecedores todos de que aquí, existe unha grande historia e contorna natural incribles. Non son crentes, pero aseguran que algo se lles removeu por dentro ao viviren esta experiencia.

Procesion do Luns da Barca de Muxia
Misa Solemne do Luns no Santuario da Barca

O alalá de Muxía

Soraya pechou as festas da Barca

E esa variante internacional marida á perfección coa celebración da romaría máis local, que tivo lugar o Luns da Barca. Foi a orquestra M-3 Show, e a cantante Soraya Arnelas as que puxeron o broche de ouro aa 5 días de troula.

Pero o momento máis especial viviuse ao solpor nas pedras da Barca, cando Xabier Díaz, acompañado dun coro popular marabilloso, cantou un Alalá de Muxía que puxo os pelos de punta. Unha tradición que a organización espera potenciar e afianzar.

Máis novas