xoves. 23.01.2025
El tiempo

Ruralismo 3.0/02: Santuario da Virxe da Barca

  • Coleccionable. Transición Rural á Modernidade (S.XX).
  • Fotografia: Antonio Nodar.
  • Texto: Nando Lestón.
Santuario da Nosa Sra. da Barca-Foto-Antonio Nodar
Santuario da Nosa Sra. da Barca-Foto-Antonio Nodar
Ruralismo 3.0/02: Santuario da Virxe da Barca

O Santuario eríxese fronte o Mar... e o Mar fronte ao Santuario.
Dúas Naturezas enfrontadas, unha ca forza dos ventos e das mareas terrenais, a outra de pedra, de natureza Divina.

Esta Pedra, canteada unha a unha, forma unha estrutura de fortaleza, para protexer das forzas terrenais o contedor de contido Divino. A Fe está no interior de cada un, a Fe como fortaleza precisa de muros que a protexan. A Fe acontece dentro... fóra desa fe só queda a "intemperie".

Observamos con claridade dous planos no mesmo plano e no medio... unha fuga.

O Santuario, á esquerda,mostra unha construción de carácter impenetrable; pedra unificada, estrutura pechada, apenas uns tragaluces como único acceso á lus. No lateral hai unha pequena entrada protexida pola nave central, agochada, insinuada.
A estrutura visual é cúbica, case cubista, sometida a linealidade de luses e sombras que realzan os diferentes planos do edificio. A lus entra da esquerda e dende atrás, de tal xeito que os laterais dereitos quedan sometidos á sombra. A Lus manda e crea unha dictadura.

No frente adivíñanse dúas Torres. A da dereita é claramente arquitectónica a outra deixa asomar só o símbolo da Crus. As Torres erguidas a escala do Divino, apuntan cara o ceo como elementos condutores.

Nodar marca de novo xerarquías. O edificio da dereita é claramente máis humilde e de escala humana; a Casa do cura ou Reitoral. Este "intermediario" non ten carácter divino, por elo que as posesións terrenais son menos importantes e pretenciosas.
Observámolo claramente na pedra mamposta, na sinxeleza da ventana, na súa escala, no alero sen tellas. O muro que a perimetra dalle certa protección e enmarca con claridade esta posesión terrenal como querendo ser "señorial", adornado con pequenos pináculos e entrada adintelada.

Ámbalas dúas estruturas, separadas, crean un canal de fuga. Ese canal funciona como un respiro diante de tanta sobriedade.
Albiscamos un mar de bravura con ondas intensas e picadas, son as latitudes costeiras e mortais... ese día non se saíu ó mar.
Sabémolo pola atmósfera tormentosa que precipita ese xogo de luses e sombras, cun ceo encapotado que funciona como telón de fondo sen asomo de vida.

Ese mar e ese ceo lembran a nosa Natureza Finita... mar e ceo onde polo xeral, acontece a Vida. Vida de Pedra, de Pedra son as almas, os cadrises son de Pedra. E a Pedra non é Divina... é humilde e blanda. Co abalar da Vida... rompe.

"Veño d´a Virxen d´a Barca... d´a Virxen d´a Barca veño.
Veño d´abalar a pedra... d´abalar a pedra veño".

 

  • Fotografia: Antonio Nodar
  • Texto: Nando Lestón

Ruralismo 3.0

MÁIS ARTIGOS DE NANDO LESTÓN EN QPC

A VIÑETA DE NANDO LESTÓN

Outras historias de Antonio Nodar


 

Comentarios