Lage Tuñas tamén amosa o "respaldo explícito" da Dirección Provincial ao refundado PSOE muxián

Novo grupo do PSOE muxián

Parece que se van calmando as cousas no seo do PSOE de Muxía. Despois do mar de fondo acontecido durante o verán, o grupo celebrou este pasado venres o acto de refundación da Agrupación. E fíxoo en Senande, pensando en potenciar o rural do actual eqiupo de goberno. A refundación estivo amparada ademais polo Secretario de Organización do PSOE Provincial, José Manuel Lage Tuñas, que volveu posicionarse despois de secundar a Lois Carballido trala saída de varios edís  do grupo de goberno pontecesán.

O secretario xeral é o actual alcalde da localidade, Iago Toba, e completan a executiva municipal Patricia Domínguez, como secretaria da agrupación, os dous únicos concelleiros socialistas, Olalla Benlloch -que será secretaria de Política Municipal- e Javier Romar -designado como Seretario de Medio Rural e Infraestructuras-, e Felipe Vilela como secretario de Atención Cidadá. Descataron o cambio xeracional no grupo, como avalou o propio Tuñas, que sinalou que "a apertura dunha nova etapa en Muxía, cun equipo que mestura mocidade e experiencia e que debe servir para reforzar o traballo municipal".