Xoves. 13.08.2020
El tiempo

Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso

Irma García barcia, Mónica Vilela, Tania Romero e Manuel Caramés xa son edís non adscritos no pleno muxián
Irma García barcia, Mónica Vilela, Tania Romero e Manuel Caramés xa son edís non adscritos no pleno muxián
Mar de fondo nos grupos socialistas de Muxía e Ponteceso

As profundas crises nos grupos municipais socialistas de Muxía e Ponteceso volven saltar todas as alarmas sobre posibles mocións de censura. Dous gobernos sustentados ata agora en maioría absoluta que parece que se comezan a tambalear, a pesar da actitude rotunda dos seus alcaldes, Iago Toba e Lois Carballido.

Muxía

Por Muxía, os catro edís que criticaron ao alcalde veñen de saírse do grupo municipal socialista (é certo que non eran afiliados) e xa son “Non adscritos”.

O Pleno queda conformado co goberno socialista con 3 edís do grupo de goberno (PSOE), 4 edís non adscritos, 3 edís do PP e un concelleiro do BNG.

Ponteceso

A última novidade en Ponteceso, despois de que o alcalde recuara e devolvera ao seu posto ao edil Faustino Santiago, é que a corporación vén de reducir o soldo do alcalde. A dedicación de Lois Carballido, tras unha moción aprobada presentada por APIN, pasará de 48.000€ (o máximo permitido) a 36.000€.

Entre os detalles da aprobación desta moción é que aos 4 edís que xa veñen demostrando discrepancias coa actitude “despótica” de Carballido (Faustino Santiago, Raquel Fondo, Ana Pérez, e Salvador Eiroa) sumouse desta volta Miguel Ángel González.

Así, os números do pleno quedarían abertos a que pasase calquera cousa.

 

Novas do caso #PSOEMuxía

Novas do caso #PSOEPonteceso

comentarios