Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Executiva Provincial Socialista ratifica ao alcalde de Ponteceso cunha visita institucional

Lage Tunas con Lois Carballido en Ponteceso
Lage Tuñas con Lois Carballido e o resto da expedición institucional na visita a Ponteceso
A Executiva Provincial Socialista ratifica ao alcalde de Ponteceso cunha visita institucional

A Agrupación Provincial Socialista, que leva tempo sen querer facer declaracións sobre a polémica crise no PSOE pontecesán, vén de postularse con feitos. Este mércores, o deputado e Secretario de Organización da Executiva Provincial José Manuel Lage Tuñas realizaba unha visita institucional a Ponteceso, ratificando así ao alcalde Lois Carballido, para ver as obras de ampliación do acceso a Tella, do Petón aos Seixos, así como os terreos do parque empresarial onde se van construír cinco naves para aluguer con opción a compra.

Unha visita que sorprende aos ex edís socialistas expulsados polo alcalde do grupo de goberno, que teñen pedido dende hai meses audiciencia coa Executiva Provincial (a última petición de reunión o 30 de novembro). “É unha pena o Sr. Lage Tuñas non aproveitase a ocasión para recordarllea o Sr. Carballido que incumpre a normativa do Partido ao exercer de voceiro municipal e ostentar o cargo de Alcalde. Para que son os estatutos do partido?”, pregúntanse Miguel Ángel González, Raquel Fondo, Ana Pérez, Faustino Santiago e Salvador Eiroa.

Novas da crise do #PSOEPonteceso

Comentarios