Versos comarea correrán por Muxía este sábado

Este sábado 30 de novembro terá lugar no Auditorio do Edificio do Voluntariado o VI Recital de Poetas da Costa da Morte "Versos comarea". A cita comezará ás 19:00h, presentada por Miguel Vázquez Freire, haberá unha exposición fotográfica de Manuel Sendón, "Cuspindo a barlovento", que vén moi ben nestes días de resaca da sentenza do Presige.

Subirán a recitar grandes da zona como Rosalía Fernández Rial, Serxio Iglesias, Rocío Leira, Xosé Iglesias, X.H. Rivadulla Corcón, Paco Souto e Mª José Fernández López.

Son xeitos de recuperar o legado do O Batallón Literario da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).