Versos comarea correrán por Muxía este sábado

08:30 28/11/13

Este sábado 30 de novembro terá lugar no Auditorio do Edificio do Voluntariado o VI Recital de Poetas da Costa da Morte "Versos comarea". A cita comezará ás 19:00h, presentada por Miguel Vázquez Freire, haberá unha exposición fotográfica de Manuel Sendón, "Cuspindo a barlovento", que vén moi ben nestes días de resaca da sentenza do Presige.
Subirán a recitar grandes da zona como Rosalía Fernández Rial, Serxio Iglesias, Rocío Leira, Xosé Iglesias, X.H. Rivadulla Corcón, Paco Souto e Mª José Fernández López.
Son xeitos de recuperar o legado do O Batallón Literario da Costa da Morte.
Novas relacionadas
- A fisterrá Blanca Vilela presentou o seu novo poemario en Madrid.
- O Certame de poesía Illas Sisargas xa é de “Dominio Público”.
- Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo.
- Un berro pola pescar artesanal con Xosé Iglesias.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).