Olla aquí todas as candidaturas aos Premios Deportivos de Carballo

Rapaces da familia de AWEN, un dos candidatos aos Premios Carballo Deporte

Entre as 50 candidaturas que vén de recibir o Consello Deportivo Municipal para os I Premios do Deporte figuran 5 para a categoría Carballo Deporte e 6 para Pedras Brancas.

Coa primeira categoría, a de “Carballo Deporte” preténdese distinguir á entidade que máis teña contribuído a tarefas de fomento do deporte e/ou á organización de actividades deportivas. Deste xeito, ao Premio Carballo Deporte optan:

  • AD Fogar da Xuventude,
  • Agrupación Deportiva Un Paso Máis,
  • Awen Fútbol S. Coop. Galega,
  • Club Rítmica Carballo e
  • Escolas Balonmán Xiria.

Co premio Pedras Brancas, que leva o nome do antigo campo de fútbol carballés, preténdese recoñecer o equipo ou a entidade que máis se distinguira no último ano pola súa actuación deportivo-competitiva en calquera ámbito, un galardón ao que optan:

  • O Bergantiños Feminino,
  • O conxunto alevín promoción do Club Rítmica Carballo
  • O equipo absoluto masculino do club Sysca,
  • O Garaysa Show de Escola Lubiáns,
  • O Energimac Escola Lubiáns e
  • O Escola Lubiáns Sénior Liga Ok Bronce.

Entre as 50 candidaturas que vén de recibir o Consello Deportivo Municipal para os I Premios do Deporte figuran 7 para a categoría Arsenio Iglesias, coa que se distinguirá ao mellor adestrador ou a mellor adestradora da tempada:

  • Pastor Antonio Carracedo Muiño, do Club Taekwondo ITF Carballo;
  • Arturo Ferraces Martínez, da Escola Basket Xiria;
  • Héctor García Soto, da Agrupación Deportiva Fogar;
  • Carla Jove Filgueiras, do Club Rítmica Carballo;
  • Jorge Lamas López, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe;
  • Diego López Rey, de SYSCA, e
  • Sergio Quintela Díaz, da FESSGA (Federación Galega de Salvamento e Socorrismo).

A mellor Deportista

As cinco candidatas aos I Premios do Deporte Concello de Carballo na categoría de mellor deportista carballesa son:

  • Ruth Fuentefría Sánchez, de Halterofilia Coruña;
  • Andrea Goimil Liñares, do Sysca;
  • María Rey Villar, da Escola Lubiáns de Hóckey e Patinaxe;
  • Elena Vázquez Brandón, do Deportivo da Coruña, e
  • Lucía Velo Garda, do Hóckey Club Raxoi, 

Os mellor Deportista

Os nove candidatos, a categoría máis disputada dos I Premios do Deporte Concello de Carballo, ao premio de Melor Deportista, son:

  • Manuel Carracedo Trigo, do Club Taekwondo ITF Carballo;
  • Rubén Castro Andrade, do Molins Team Kick Boxing;
  • Alejandro Felpeto Gesto, do Karate-Do Carballo;
  • Xan Lamas Serrano, do Club Nauga;
  • Mateo Pallas, do Cangas Frigoríficos del Morrazo;
  • Tomás Pombo Álvarez, do CC Padronés Cortizo-Movistar Team Academy UCI;
  • Andrés Prieto Villar, da Agrupación Deportiva Fogar;
  • Javier Ramilo Queijo, de Yacar Racing,
  • Iván Amor Torres Louzao, do Gestión y Calor Córdoba,

Unha vida dedicada ao Deporte

Nesta primeira edición presentáronse seis candidaturas:

  • Manuel Cantelar Varela, que foi xogador de baloncesto en cadeira de rodas durante 27 anos e fundador da Agrupación Deportiva Un Paso Máis;
  • José Manuel Ferreiro Negreira, redactor deportivo en varios medios de comunicación locais;
  • José Carlos Mancebo Porteiro, presidente fundador da Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude;
  • Mariano Muñiz Regueira, ex xogador, adestrador e delegado do Bergantiños FC;
  • Gema Paz Bello, profesora de Educación Física no IES Alfredo Brañas durante máis de corenta anos e fundadora-presidenta da Agrupación Deportiva Xiria,
  • Agustín Trigo Vitureira, cunha traxectoria moi destacada no taekwondo e impulsor desta arte marcial no concello.

A Gala

Os premios serán entregados na gala que se celebrará o venres 19 de decembro, ás 20.00 horas, no auditorio do Pazo da Cultura.

Ademais das dúas categorías indicadas tamén se entregarán premios á mellor deportista e ao mellor deportista locais, á mellor e ao mellor deportistas promesas, ao mellor adestrador ou adestradora, e tamén a institución ou entidade que máis se distinga pola súa colaboración co deporte carballés e a unha vida dedicada ao deporte. Nas bases tamén se establece a posibilidade de mencións especiais.

Máis novas