O AD Zas Cafetería Talladas, novo campión da 2ª División Galega

O AD Zas Cafetería Talladas, novo campión da 2ª División Galega

A falta de 2 xornadas para o remate da liga, o AD Zas Cafetería Talladas vén de proclamarse campión da 2ª División Galega. O equipo formado por Claudia, Anxo, Mauro, Jacobo e Manu conseguía este pasado sábado o campionato e o ascenso matemático tras vencer ao 2º clasificado por 4-1.

Ademais deste fito, houbo moito máis para as familias soneirás de tenis de mesa, incluído un derbi en 1ª Galega, con vitoria para o VTM Pinturas Figueiras sobre o AD Zas O Pinar por 3-2. Boa temporada levan os dous clubs, e con este triunfo os vimianceses seguen líder do seu grupo mentres os de Zas ocupan plaza de descenso, máis arriba que o AD Zas Axiña Telecom que caía co Conxo TM.

Imaxe do AD Zas (Castro, José Pazos e Michi) contra o VTM Vimianzo (Julio, Paco Paz e Budi)

O Vimianzo TM de 2° División Galega, na concentración celebrada no pavillón soneirán, venceu os seus partidos por apretados 3-2 a Club do Mar Promesas e TDOT Narón. Quedan así os soneiráns na 4ª plaza da clasificación na súa primeira participación nesta liga.

VTM Vimianzo contra o Club do Mar

E finalmente, repasamos a nova vitoria do AD Zas Ponciano Nieto de 2ª Nacional, a máis alta categoría na que compiten os nosos. Os zaseiros venceían 4-2 sobre Arteal, permitindo aos costeiros situarse na 6ª praza empatados co 5º clasificado.

O choque do AD Zas Ponciano Nieto fronte ao Arteal

Máis novas