xoves. 15.01.2026
El tiempo

O tenis de mesa soneirán volveu brillar tralo parón de Nadal

Vimiazno Tenis de mesa na  Liga Malov TM
Familia do Vimianzo Tenis de mesa na Liga Malov TM
O tenis de mesa soneirán volveu brillar tralo parón de Nadal

Nova xornada de tenis de mesa para os dous clubs da comarca de Soneira. A familia do Vimianzo VTM e do AD Zas gozaron de citas importantes despois do parón do Nadal.

CTM COruna contra o VTM Pinturas Figueiras
CTM Coruna contra o VTM Pinturas Figueiras

Por Vimianzo, o VTM Pinturas Figueiras logrou unha clara vitoria (4-1) contra un dos equipos dun dos clubs máis antigos de Galicia, o Club Tenis de Mesa Coruña. Con este triunfo o equipo vimiancés remata a primeira volta da liga como líder do seu grupo da 1ª Galega Centro, manténdose invicto polo momento.
Xa na tarde do domingo, un grupo de xogadores do club vimiancés se desprazaban ata Sigueiro para participar na cuarta xornada da Liga Malov TM, na que participan cada mes xogadores procedentes de toda a comunidade Galega.

Victoria en 2a Nacional Ad Zas Ponciano Nieto 4-2 Vilagarcía TM
O AD Zas Ponciano Nieto de 2ª Nacional ante o Vilagarcía TM

Pola súa banda, por Zas tamén houbo movemento. Na 2ª Nacional, o Ad Zas Ponciano Nieto vencía 4-2 ao Vilagarcía TM, e segue subindo na táboa. O que non tivo tanta sorte foi o AD Zas Axiña Telecom na 1ª Galea, que caía co Oroso TM, e se matén, cos seus compañeiros do AD Zas O Pinar, na zona baixa da táboa, ambos conxuntos xogándose entre eles unha praza de descenso.

AD Zas Axiña Telecom 1 -4 Oroso TM
O AD Zas Axiña Telecom contra Oroso TM

Pero a nota máis divertida foi a xornada de liga interna que acolleu o domingo o pavillón zaseiro, con 59 xogadores da familia do AD Zas en liza.

Xornada de tenis de mesa da familia do AD Zas

Máis novas

Comentarios