Pleno de vitorias para o tenis de mesa soneirán
A pasada fin de semana disputouse unha nova e completa fin de semana de tenis de mesa para os equipos soneiráns.
Na categoría máis alta, a 2ª Nacional, o AD Zas Ponciano Nieto venceu por un apretado 4-3 ao Gondomar TM. Unha gran vitoria nun partido tremendamente igualado fronte aos 2º clasificados que coloca ao Ponciano Nieto na 5ª praza e avanza un paso máis cerca do obxetivo da permanencia.
Na 1ª Galega o AD Zas O Pinar caía 2-3 ante o RSD Hípica, descansando o primeiro equipo do Vimianzo TM.
Si houbo xornada completa, a 6ª, para os equipos soneiráns de 2ª Galega.
Por un lado, No IES Terra de Soneira, o filial do Vimianzo TM recibía como anfitrión aos Concello de Ares e Finisterre TM. Os soneiráns (Jonathan, Pablo, Joey, Karim e Simón) venceron 3-2 a Ares, o mesmo resultado co caían ante o Finisterre TM. Xa no 3° partido o Finisterre TM, ( que aliñaba no seu equipo a toda Unha campeona de Europa de de persoas con Parkinson, Elvira García) gañaba por 4/1 ao Vimianzo TM. Con estos resultados os rapaces do filial Vimiances seguen 4° na clasificación do seu grupo con 30 puntos.
Pola súa banda, o AD Zas Fontanería Manu vencía 4-1 ao Celta Ingenieros Narón e 3-2 ao Club de Mar Promesas. Ademais, o AD Zas Mixto tamén gañaba por 3-2 ao CTM Recreo Cultural A Estrada e por 4-1 ao CTM GAM A. E repetía vitoria AD Zas Cafetería Talladas cun doble 5-0 a TDOT Narón e ao Club del Mar Senior.
Así, na 2ª galega destacamos que o Talladas continúa líder no Grupo 2 e o Mixto vai 2º no grupo 3.
Liga AD Zas

Ademais, como fai dn domingo ao mes, a familia de Zas organiza unha competición entre todos os xogadores e familiares e amigos que se queiran acercar a zas e teñan vinculación co clube. Participaron 45 deportistas nunha tarde de un gran ambiente para coñecer xente e practicar deporte.






