mércores. 24.12.2025
El tiempo

O AD Zas mete tres finalistas nos Campionatos Galegos de tenis de mesa

Jacobo Olveira e Manuel casalcon Miguel Rey do AD Zas
Jacobo Olveira e Manuel Casal co adestrador do AD Zas Miguel Rey
O AD Zas mete tres finalistas nos Campionatos Galegos de tenis de mesa

Nesta pasada fin de semana celebráronse en Ares as Previas Clasificatorias para os Campionatos Galegos que se disputarán no 2026. Mentres o VTM se centra na Liga, a familia do AD Zas intentou meter varios deportistas nas competicións autonómicas.

Pola parte do clube soneirán participaron 8 deportistas. Todos demostraron a melloría de nivel que veñen tendo nos últimos meses, e foron 3 os que conseguían a clasificación:

Anxo Castro que finalizou primeiro no seu grupo en Benxamín; Jacobo Olveira tamén venceu o seu grupo en Alevín e Pablo España que remataba 2º de grupo xuvenil.

Os tres participarán no Campionato Galego que se celebrará a comezo de ano.

Lucas, Enrique, Mauro e pablo con Miguel Rey
Miguel Rey con Lucas, Enrique, Mauro e Pablo 
Claudia gerpe con Miguel Rey do AD Zas
Claudia Gerpe con Miguel Rey do AD Zas

Máis novas do tenis de mesa costeiro

Comentarios