O AD Zas mete tres finalistas nos Campionatos Galegos de tenis de mesa
24 de decembro de 2025 (08:18 h.)
Nesta pasada fin de semana celebráronse en Ares as Previas Clasificatorias para os Campionatos Galegos que se disputarán no 2026. Mentres o VTM se centra na Liga, a familia do AD Zas intentou meter varios deportistas nas competicións autonómicas.
Pola parte do clube soneirán participaron 8 deportistas. Todos demostraron a melloría de nivel que veñen tendo nos últimos meses, e foron 3 os que conseguían a clasificación:
Anxo Castro que finalizou primeiro no seu grupo en Benxamín; Jacobo Olveira tamén venceu o seu grupo en Alevín e Pablo España que remataba 2º de grupo xuvenil.
Os tres participarán no Campionato Galego que se celebrará a comezo de ano.