O AD Zas suma e segue mentres a familias do tenis de mesa costeira disfruta en Cee
11 de outubro de 2023 (07:45 h.)
Segunda xornada e segunda vitoria apurada para a familia do AD Zas Ponciano Nieto na 2ª Div. Estatal. O cadro soneirán venceu por 4-3 en Tui, colleitando así unha vitoria moi importante por ser contra un dos equipos cos que se loitará para a permanencia.
Na 2ª Galega houbo enfrontamentos costeiros, nos que O Pinar gañou os dous e os de Cee conseguiron a súa primeira vitoria nuns partidos moi igualados ante o Cafetería Talladas.
Por outra parte o outro equipo do club, o AD ZAS A Baña non conseguiu ganar ningún pero si desfrutaron deste deporte.
2ª Div. Nacional
- Resultado: Tenis de Mesa Tuy - AD ZAS PONCIANO NIETO (3-4)
2ª Div. Galega
- Resultado: AD ZAS O PINAR - AD ZAS CAFETERÍA TALLADAS (4-0)
- Resultado: AD ZAS O PINAR - AD ZAS CEE (4-1)
- Resultado: AD ZAS CEE - AD ZAS CAFETERÍA TALLADAS (4-2)
- Resultado: Conxo. - AD ZAS A BAÑA (4-1)
- Resultado: Conxo B - AD ZAS A BAÑA (4-0)
Nesta ponte, só o equipo de 2ª Nacional ten partido, será o sábado ás 17:00h no pavillón de Zas:
- AD ZAS PONCIANO NIETO - Monte Porreiro de Pontevedra.
NOVAS RELACIONADAS
- Outubro 23: O AD Zas consegue unha importante vitoria no seu regreso á 2ª Nacional.
- Xuño 23: O AD Zas Ponciano Nieto confirma o seu ascenso á 2ª División Nacional.