Luns. 29.04.2024
El tiempo

O AD Zas Ponciano Nieto confirma o seu ascenso á 2ª División Nacional

  • Este sábado 17 de xuño disputarase en Zas o XII Torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa, un dos torneos máis famosos de Galicia na disciplina.
Arteal Compostela 3 - AD Zas Ponciano Nieto
Á dereita os xogadores do AD Zas Ponciano Nieto nun partido desta campaña
O AD Zas Ponciano Nieto confirma o seu ascenso á 2ª División Nacional

Xa é oficial, o equipo AD Zas Ponciano Nieto participara na vindeira temporada en 2ª División Nacional masculina de tenis de mesa. Despois dunha excelente campaña na 3ª Div. nacional quedando 2º clasificado no seu grupo e como mellor 2º do resto dos grupos, faltaba a comunicación oficial e, esta, produciuse onte ao comunicar a RFETM a lista dos equipos de segunda naciona masculina. Tócalles á familia soneirá planificar a vindeira temporada .

Campionato

Ponciano Nieto tenis de mesa
O trofeo feito por Olería Cambón de Buño

Por outra parte, este sábado 17 de xuño disputarase en Zas o XII Torneo Ponciano Nieto de tenis de mesa. É este un torneo diferente a todos dos que se celebran en Galicia, moi recoñecido por todos e todas que xa participaron nel en ocasións anteriores.

Ante a demanda o club tivo que ampliar o número de participacións para facer oco aos que se retrasaron en anotarse. En total serán 83 deportistas das categorias masculina (16 open A, 39 open B), femenina (10 participantes) e infantil (18 participantes). Ademais estarán os acompañantes e os colaboradores que todos xuntos (100 persoas) desfrutaran dunha churrascada ao final do torneo.

Como favoritos ao triunfo na categoría masculina están os do club local Roi e Raúl, o xogador de Zas, Brais, actualmente xogando en Oroso e o finalista do ano pasado Javi Canzobre de Oleiros. En Femenino está moi aberta a todas a victoria final. En infantil Berto García (Arteal TM) e Lorenzo (Cambre TM) son os favoritos.

Comentarios