Luns. 29.04.2024
El tiempo

O AD Zas suma e segue mentres a familias do tenis de mesa costeira disfruta en Cee

Xogadores do Cee Tenis de Mesa
Xogadores do Cee Tenis de Mesa
O AD Zas suma e segue mentres a familias do tenis de mesa costeira disfruta en Cee

Segunda xornada e segunda vitoria apurada para a familia do AD Zas Ponciano Nieto na 2ª Div. Estatal. O cadro soneirán venceu por 4-3 en Tui, colleitando así unha vitoria moi importante por ser contra un dos equipos cos que se loitará para a permanencia.

Na 2ª Galega houbo enfrontamentos costeiros, nos que O Pinar gañou os dous e os de Cee conseguiron a súa primeira vitoria nuns partidos moi igualados ante o Cafetería Talladas.
Por outra parte o outro equipo do club, o AD ZAS A Baña non conseguiu ganar ningún pero si desfrutaron deste deporte.

2ª Div. Nacional

  • Resultado: Tenis de Mesa Tuy - AD ZAS PONCIANO NIETO (3-4)

2ª Div. Galega

  • Resultado: AD ZAS O PINAR - AD ZAS CAFETERÍA TALLADAS (4-0)
  • Resultado: AD ZAS O PINAR - AD ZAS CEE (4-1)
  • Resultado: AD ZAS CEE - AD ZAS CAFETERÍA TALLADAS (4-2)
  • Resultado: Conxo. - AD ZAS A BAÑA (4-1)
  • Resultado: Conxo B - AD ZAS A BAÑA (4-0)
Xornada de pinpon en Cee
Xornada de pinpon en Cee

Nesta ponte, só o equipo de 2ª Nacional ten partido, será o sábado ás 17:00h no pavillón de Zas:

  • AD ZAS PONCIANO NIETO - Monte Porreiro de Pontevedra.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios