Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O AD Zas consegue unha importante vitoria no seu regreso á 2ª Nacional

Tenis de mesa-Club do Mar-AD Zas
Imaxe do choque Tenis de mesa Club do Mar contra o AD Zas (á dereita)
O AD Zas consegue unha importante vitoria no seu regreso á 2ª Nacional

Empezou outubro e o tenis de mesa ponse a tope de encontros. Esta pasada fin de semana o AD ZAS Ponciano Nieto acadaba unha importantístima vitoria no seu regreso á 2ª Nacional masculina. Derrotou cun apretado 4-3 a Club del Mar.
Os puntos nos individuáis foron conseguidos por Miguel Rey (2) e Roi Sixto. E logo no partido decisivo de dobres, os mesmos Miguel Rey e Roi Sixto superaron por 3-2 a parella do Club del Mar.

Vindeira cita

O AD Zas Ponciano Nieto ten un desprazamento longo ata Tui onde lle espera un partido complicado pero que ten moitas opcións de gañar.
Tamén empezan os equipos de 2ª Galega masculina, na dos catro equipos que pon en liza esta temporada o AD ZAs, tres deles se medirán entre si no pavillón municipal de Cee. O outro xogará en Santiago. Estes son os compromisos para este sábado 7 de outubro:

  • En Tui, ás 17:00h:
    - Tenis de Mesa Tuy - AD ZAS PONCIANO NIETO.
  • En Cee, no pavillón municipal, a partir das 16:00 h:
    - AD Zas Cee - AD Zas Cafeteria Talladas.
    - AD Zas Cee - AD Zas O Pinar.
    - AD Zas Cafeteria Talladas - AD Zas O Pinar.
  • No pavillón de Vite, Santiago a partir das 16:00 h:
    - Conxo TM - AD Zas A Baña.
    - Conxo TM B - AD Zas A Baña.

Novas relacionadas

Comentarios