Alejandro Felpeto e Daniela García rozaron as medallas na Final da Liga Nacional de Karate

Alejandro Felpeto do Karate Do Carballo na final da Liga Nacional en Tenerife

Non puideron volver con medalla, pero a experiencia xa vale ouro. Ata Tenerife se desprazaban esta pasada fin de semana os deportistas do Karate Do Carballo para participar na final da Liga Nacional. 𝗗𝗮𝗻𝗶𝗲𝗹𝗮 𝗚𝗮𝗿𝗰í𝗮 (Kumite xuvenil +52kg) e a 𝗔𝗹𝗲𝗷𝗮𝗻𝗱𝗿𝗼 𝗙𝗲𝗹𝗽𝗲𝘁𝗼 (Kumite sénior -84kg) metíanse entre os 8 mellores de España e a piques estiveron de colarse no podio, e as medallas escapáronse por mínimos detalles.

Así e todo, a familia carballesa segue dando grandes pasos, e pecha con esta experiencia a Liga2025.

Daniela Garcia do Karate Do Carballo na final da Liga Nacional en Tenerife

Máis novas