A cormelá Laura Martínez álzase coa medalla de Bronce na Copa de España Cadete de Judo

Laura Martínez, á esquerda cos compañeiros do JK Escuelas e os seus trofeos no Campionato de España

Seguimos comprobando que a Costa da Morte é potencia en materia de Judo. Deportistas como Lucía Pazos ou Naira Blanco así o demostran cada mes.

Pero hoxe descubrimos outra potencia: Laura Martínez Rioboo, a cormelá vén de conseguir a medallar de Bronce na Copa de España Cadete -63kg de Judo, celebrada esta pasada fin de semana en Tenerife.

A deportista do club coruñés JK Escuela ten un futuro prometedor.

Laura Martínez no podio