Luns. 29.04.2024
El tiempo

Naira Blanco e Lucía Pazos dedícanlle as súas medallas nos Campionatos Galegos Absolutos de Judo á compañeira Aroa

Lucia Pazos e Naira Blanco dedican as suas medallas a Aroa
Lucia Pazos e Naira Blanco dedicando as súas medallas a Aroa
Naira Blanco e Lucía Pazos dedícanlle as súas medallas nos Campionatos Galegos Absolutos de Judo á compañeira Aroa

Unha medalla de ouro e unha de bronce levan para casa as deportistas costeiras do Judo Club Bergantiños nos Campionatos Galegos Absolutos celebrados esta fin de semana en Ferrol. A pesar de ter apenas 18 anos (Naira) e 17 anos (Lucía) xa son unhas realidades do judo en Galicia e en España.

Naira Blanco campiona galega de judo
Naira Blanco no centro

A carballesa Naira Blanco proclamouse flamante campoona de Galicia 2023 en -52 kilos, tras gañar os seus dous combates por ippon. Gran resultado na súa volta a competición.

A muxiá de Merexo, Lucía Pazos, segue nunha liña de resultados espectaculares, e consegue a medalla de bronce en -57 tras gañar dous combates e perder un.

Lucia Pazos no podio do campionato galego absoluto de judo 2023
Lucia Pazos segunda pola dereita compartindo o terceiro chanzo do podio

O máis fermoso foi que lle dedicaron a medalla á súa compañeira Aroa, que está lesionada. As tres, son unhas auténticas promesas, xa realidades, do judo.

Novas da familia do judo

Comentarios