Lucía Pazos, prata na “X Supercopa de España Junior de Xixón 2023”
![Lucia Pazos subcampiona Espana en Gijon](/asset/thumbnail,992,558,center,center/media/quepasanacosta/images/2023/11/28/2023112810255233234.jpg)
Non para a nosa deportista natural de Merexo de triunfar a nivel estata. Esta fin de semana voltaba cunha prata colgada do pescozo da a X Supercopa de España Junior, celebrada no Pazo dos deporte “La Guía” de Xixón, situado a carón do mítico Molinón.
A esta Supercopa acodiron máis de catrocentos deportistas das federacións de Andalucía, Aragón, Asturias, Canarias, Cataluña, Castela-León, Castela- A Mancha, Cantabria, Estremadura, Galicia, Madrid ,Murcia, Navarra, A Rioxa, Valencia, Pais Vasco e Portugal.
No peso onde competía Lucía participaron 32 deportistas das distintas delegacións. Tocoulle estrearse con unha representante da delegación portuguesa, Beatriz Filipo, a que venceu por ippom nun combate que durou 13 segundos. No segundo combate a contrincante a bater foi a representante cántabra Bereket Suárez Sánchez á que tamén derrotou por ippom en 48 segundos.
Pasa a semifinais, onde lle tocou baterse con outra representante galega, Kautar Samorah Laki, á que venceu por ippom despois de 1 minuto e 48 segundos de combate.
Xa na final tería que enfrontarse á deportista madrileña Adriana Sáez Hevia que viña de acadar un terceiro posto no campionato do mundo de Zagreb. A pesar do gran nivel da contrincante, a merexana non se achicou en ningún momento pelexando bravamente durante os catro minutos que durou o combate. Rematados os 4 minutos regulamentarios de duración do combate sen gañadora tivo que decidirse no “golden score” onde desta vez a madrileña logrou puntuar primeiro proclamándose campioa.
NOVAS DA FAMILIA DO JUDO
- Outubro 23: Naira Blanco e Lucía Pazos dedícanlle as súas medallas nos Campionatos Galegos Absolutos de Judo á compañeira Aroa
- Setembro 23: Lucía Pazos, de novo no podio da SuperCopa de España Junior.
- Marzo 22: Lucía Pazos, campiona galego Junior; Aroa Blanco, bronce na Copa de España Infantil.
- Maio 21: Naira Blanco e Lucía Pazos triunfan na Copa de España Junior sendo aínda cadetes .