A cormelá Laura Martínez álzase coa medalla de Bronce na Copa de España Cadete de Judo

10:08 19/12/23
Seguimos comprobando que a Costa da Morte é potencia en materia de Judo. Deportistas como Lucía Pazos ou Naira Blanco así o demostran cada mes.
Pero hoxe descubrimos outra potencia: Laura Martínez Rioboo, a cormelá vén de conseguir a medallar de Bronce na Copa de España Cadete -63kg de Judo, celebrada esta pasada fin de semana en Tenerife.
A deportista do club coruñés JK Escuela ten un futuro prometedor.
