Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Desta tampouco foi. O Calvo Xiria volve quedar ás portas do ascenso por sétima vez en 10 anos

Afeccion do BM Xiria
Incrible a afección do do BM Xiria
Desta tampouco foi. O Calvo Xiria volve quedar ás portas do ascenso por sétima vez en 10 anos

Nin na casa. A mala sorte do Calvo Balonmán Xiria nas Fases de Ascenso é digna dun serial. O cadro verde quedaba ás portas do ascenso en Segovia en 2011; en Ciudad Real en 2014, en Carballo en 2016, en Lanzarote en 2017, en Santoña en 2018 e hai 2 anos en Avilés. Este 2021 volveu pasar, e a marea verde, desta volta en Carballo, non puido celebrar o ascenso á División de Honra Prata, a segunda máxima categoría do balonmán estatal.

O pavillón vestíase de gala, verde claro, para recibir ao Bm. Macarela La Esquinita de Javi. Era un choque, a priori, para gañar e prepararse de cara aos equipos máis fortes, pero os carballeses caían 24-28.

O segundo partido, xa en clave de match ball, disputábase ante o potente Handbol Sant Quirze, pero non foron quen de superar o golpe da primeira xornada e caían por 25-31. Alá ía o soño do ascenso diante da súa entregada afección, ante un Handbol que acabaría conseguindo o ascenso.

Sen opcións xogou este domingo o terceiro partido, ante o Levante UDBM Marni, pero polo menos lle brindaba unha clara vitoria, por 34-25 aos seus incondicionais #Xiriareiros!

Para o ano, volverán de novo!

Calvo Xiria as portas do ascensoAfeccion do Bm XiriaPorteiro do Calvo XiriaAfeccion do Calvo Xiria
Fotos da FGB

Comentarios