A festa do tenis de mesa volveu a encher o pavillón de Zas
15 de febreiro de 2022 (13:21 h.)
A normalidade mídese en cousas como as vividas a pasada fin de semana en Zas. O pavillón da vila acollía unha Concentración Xogade de tenis de mesa, refrendando unha vez máis a relevancia que ten xa o AD Zas a nivel galego. 80 novos deportistas e unhas 150 persoas, encheron de deporte e deportividade o pavillón, nunha xornada festiva sen incidencias, no que o máis importante foi disfrutar da raqueta.
O club prepara xa o Campionato Galego de tenis de mesa base que se celebrará en Zas os 7 e 8 de maio.
Novas relacionadas
- Febreiro 22: Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa.
- Novembro 21: A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa.
- Outubro 21: O tenis de mesa costeiro arrincou unha temporada chea de desafíos..