Mércores. 16.10.2024
El tiempo

Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa

Imaxe dun campionato provincial pre pandemia
Zas acollerá o Campionato Galego de tenis de mesa

Malia que este ano non esteamos facendo un seguemento das competicións, non para o tenis de mesa soneirán. Os equipos da comarca están traballando arreo, e se preparan xa para unha cita moi especial. O Pavillón de Zas acollerá en maio os Campionatos Galegos de base de tenis de mesa, tal e como acordou a Federación a semana pasada.

Os 7 e o 8 de maio competirán as categorías Prebenxamín, discapacitados e infantil; e sub 23 e alevín, todo un fito para a vila zaseira, xa con moito peso específico no circuito nacional. Contará o club AD Zas coa colaboración inestimable do Concello de Zas, e tamén aproveitarán o material recen recibido coas subvencións da Deputación e da Xunta de Galicia.
Todos xuntos ofrecerán un evento deportivo dun deporte minoritario pero que traerá cerca de 500 persoas durante os dous días e que, seguro, marcharán satisfeitas do trato recibido na comarca.

A competición continúa

Antes, concretamente este sábado 12 de febreiro (de 16:00h a 19:00h) hai xa unha concentración escolar no Pavillón Municipal de Zas, cuns 0 escolares de toda a comarca: Barouta (Ames), A Baña, Cee, Camariñas, Vimianzo, Santa Comba, Outes, Noia, Santiago e por suposto Zas.
A concentración, dentro do programa XOGADE, será nas categorías Benxamin (2012/2013), Alevín (2010/2011), Infantil (2008/2009) e cadete (2006/2007).

Novas relacionadas

Comentarios