O tenis de mesa costeiro arrincou unha temporada chea de desafíos
Xa está a pleno rendemento a familia do tenis de mesa costeiro, coa disputa da 2ª xornada dos seus 5 equipos.
Unha xornada que non foi moi positiva en materia de resultados, pois só o AD Zas Ponciano Nieto en 3ª Nacional sumaba unha importantísima vitoria a costa do Dubratambre, nun duelo intenso que se decantou por pequenos detalles.
3ª División Nacional, Grupo Centro
Xogadores do Ponciano Nieto e Dubratambre
- Resultado: AD Zas Ponciano Nieto - AD Dubratambre (4-1).
- Resultado: VTM Pintura Figueiras - Arteal SD Compostela B (0-4).
Moi ben todos os xogadores do AD Zas Ponciano Nieto (Miguel Rey, Raúl López, Alex Blanco, que debutaba, así como o doble formado por Miguel e Cristian Herrera, que tamén debutaba). Sobresaiu desta vez Miguel Rey xa que gañou os tres partidos o primeiro individual contra Plácido Arnejo, o dobre facendo parella con Cristian e logo a Ana Pérez por un axustado 3-2 e, nun partido con moitas alternativas, dando a victoria definitiva aos locais.
No outro encontro de 3ª Nacional os Brais Touriñán, Julio Figueiras e Nico Paz do VTM Pinturas Figueiras foron amplamente superados polos composteláns no marcador xeral pero os parciais foron axustados en dous partidos. En calquera caso, os novos vimianceses non serán fáciles de vencer.
1ª División Galega
- Resultado: AD Zas O Pinar - Xogando Outes A (1-4).
- Resultado: VTM Aluminios Xeal - Arteal Veteranos SD Compostela (3-4).
En 1ª galega dúas derrotas dos equipos costeiros sendo a dos vimianceses (Laura García, Antonio Feal e Francisco Paz) axustada e a dos zasenses (Manuel J. Castro, Mateo Gil e José A. Pazos) máis clara. Ningún dos dous tivo opcións de vitoria a pesares de que os de Zas poideron facer máis se mostrasen tranquilidade no xogo, pero eso é moi dificil neste deporte onde a pelotiña vai moi rápida.
2ª División Galega, grupo centro
- Resultado: AD Zas Cafetería Talladas - Xogando Outes B (0-7).
Os que mostraron moi boas sensasións foron os zaseiros do Talladas (Joel Vilariño, Manuel Negreira e Valentín Negreira) a pesar de que non gañaron ningún partido individual pero si xa gañaron un par de xogos. Este era o seu debut nunha competición ligueira oficial, son aínda moi novos pois tanto Manuel coma Valentín teñen só 10 anos e Joel leva un mes practicando este deporte e en fronte tiveron a un veterano José Barrio (que xoga en cadeira de rodas e xogou en 1ª galega) e a dous mozos que case os dobran en idade. Todos mostraron moi bo ambiente deportivo.
Agora queda entrenar moi forte e temos un parón de dúas semanas pois ata o 13 de novembro non se reanuda a competición ligueira.