Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa

Laura Garcia do tenis de mesa de Vimianzo
Laura García, á dereita
A vimiancesa Laura García, ao campionato estatal de tenis de mesa

Segue mellorando o tenis de mesa costeiro, xa metendo deportistas en campionatos estatais. Desta volta será a xogadora Laura Garcia, do club Vimianzo Tenis de Mesa, a que participe no Campionato de España, despois de conseguir a súa clasificación nun torneo da zona norte.

A vimiancesa desprazouse a Santander esta pasada fin de semana, chegaba ata Cuartos de Final (caeu coa galega que rematou campiona) nun torneo no que participaron xogadoras de Asturais, Cantabria, Pais Vasco, A Rioxa e Castela Leon. Outro éxito para o Club VTM e para otenis de mesa costeiro.

Concentración escolar

Este sábado 6 de novembro toca a a primeira cncentración escolar de tenis de mesa dentro do programa XOGADE da Xunta de Galicia. Como non, será o pavillón municipal de Zas o que acolla o torneo en horario de 16 a 19 horas.

Haberá preto de 40 xogador@s de Cee, A Baña, Vimianzo, Outes, Noia, Santa Comba e, por suposto, Zas.

Comentarios