Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Un novo ouro ceense no Campionato Galego de 10 bailes

Raul e Serena_campions galegos Baile e Movemento
Raúl e Serena
Un novo ouro ceense no Campionato Galego de 10 bailes

Segue arrasando alá por onde pasa o Club Arte e Movemento. Esta pasada fin de semana varios deportistas participaban en O Porriño no Campionato Galego de 10 bailes. A especialidade 10 bailes, é una das máis completas pois combina os bailes latinos e os bailes standard, bailando 5 e 5 respectivamente. Isto supón que tamén sexa das máis esixentes e polo tanto máis difícil a hora de conseguir bos resultados.

Pero aí estaban os costeiros, entre os que destacaron Raúl Romero e Serena Díaz que foron proclamados Campións Galegos de 10 bailes na categoría Xuvenil 2.

Ademais Andrés Parga e Laura Marcote acadaron a medalla de bronce na categoría Adulto 1; e Sergio Turnes e Ashley Sánchez acadaron o 4º posto na categoría junior 2.

Nesta xornada tamén se celebrou un campionato puntuable para o ranking nacional no que participaron 13 deportistas de Arte e Movemento e que trouxeron para a Costa da Morte 14 ouros, 8 pratas e 2 bronces.

Máis novas

Comentarios