A Asociación de Veciños de Corme adica setembro a Gary Cooper

A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme, vén de presentar o seu ciclo de cine para o mes de setembro. Este mes, estará adicado a un dos grandes actores de todos os tempos, como é Gary Cooper. As sesións serán cada venres, a partir das 22:00h nos locais da Asociación de Veciños. En canto ás proxeccións, o ciclo inaugúrase este venres, 7 de setembro, coa proxección da película Sombras de sospecha. A vindeira semana será a quenda para El hombre del oeste. O 21 de setembro será para Llegaron a cordura. E xa o último venres de mes será momento para El árbol ahorcado. A entrada será de balde, iso si, os menores de 15 anos deberá acudir na compaña dun adulto.

Novas relacionadas

Fonte