Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Explicando a crise no MAC

Explicando a crise no MAC
O MAC de Corme acollía na xornada do pasado venres, 31 de agosto, a conferencia Crise económica actual. Foi impartida polo vallisoletano Miguel Anxo López Mendo, Analista de Inversións en Bolsa e profesor de Bolsa na Escola de Directivos da Cámara de Comercio de Madrid. López Mendo, solicitado para cursos especializados por universidades como as de Santiago, Salamanca, Vigo ou A Coruña, sorprendeu pola súa claridade e o desenvolvemento asequible a calquera profano. López Mendo explicouse de xeito divertido e con un humor moi fino. Segundo afirmou, as crises económicas son cíclicas e inevitables. Comparou a economía coa saúde, de xeito que “cando hai un tumor hai que operar, por moita que sexa a dor, porque o mal pode medrar e o doente vaino pasar peor, ata chegar á morte”. Deixando apartadas as comparacións, López Mendo recoñeceu que as partidas máis importantes do Estado son a sanidade e a ensinanza, cun oitenta por cento do orzamento. O experto asegurou que deben verse reducidas as partidas das administración públicas, especialmente en servizos administrativos que están duplicados, aínda que de xeito gradual para evitar que se dispare o paro. Opinións do público Os asistentes á conferencia amosáronse moi sensibles ao tema. Amosáronse partidarios de aceptar a presión e o sacrificio que as reformas estructurais supoñen, pero todos manifestaron con total claridade que o que máis doe é ver que “os de arriba non sufren o axuste e que o sacrificio é sempre dos mesmos”. Xurdiron moitas preguntas: sobre o paro, as preferentes, os bancos malos, ou a minería. Todas as dúbidas foron respostadas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios