A Asociación de Veciños de Corme adica setembro a Gary Cooper
09:30 06/09/12
A Asociación de Veciños Eduardo Pondal de Corme, vén de presentar o seu ciclo de cine para o mes de setembro. Este mes, estará adicado a un dos grandes actores de todos os tempos, como é Gary Cooper.
As sesións serán cada venres, a partir das 22:00h nos locais da Asociación de Veciños.
En canto ás proxeccións, o ciclo inaugúrase este venres, 7 de setembro, coa proxección da película Sombras de sospecha. A vindeira semana será a quenda para El hombre del oeste. O 21 de setembro será para Llegaron a cordura. E xa o último venres de mes será momento para El árbol ahorcado.
A entrada será de balde, iso si, os menores de 15 anos deberá acudir na compaña dun adulto.
Novas relacionadas
- Presentados os Monólogos do Serán en Ponteceso.
- Comeza a tempada de outono na Fundación Eduardo Pondal.
- Xabier Díaz pechou cun obradoiro de arrolos as sesións lectivas da Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal.
- Explicando a crise no MAC.
Fonte
- Nota de prensa da Asociación de Veciños Eduardo Pondal.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).