Venres. 03.05.2024
El tiempo

Comeza a tempada de outono na Fundación Eduardo Pondal

Comeza a tempada de outono na Fundación Eduardo Pondal
Xabier Díaz no obradoiro musical de arrolos da Escola de Verán da Fundación Eduardo Pondal Logo da clausura das actividades da Escola de Verán de 2012, a Fundación Eduardo Pondal continúa cun completo ciclo de actividades para este mes de setembro. As citas chegan este martes, 4 de setembro. A partires das 12:00h, os patróns da Fundación Eduardo Pondal manterán unha reunión co equipo directivo de todos os centros escolares do concello de Ponteceso, co gallo de ofertarlles as actividades que a FEP lles proporá aos distintos niveis educativos, dende Educación Infantil ata Bacharelato, e que se desenvolverán no mes de outubro, dentro do ciclo Outono Pondaliano. As citas estarán de volta na fin de semana. O venres 7 de setembro terá lugar a actividade Monólogos de Serán. Desenvolverase na parte dianteira da casa natal de Eduardo Pondal, e se trata dunha iniciativa aberta a todos os públicos. O autor, Carlos Meixide, ofrecerá unha sesión de monólogos. O acto será presentado por Luis Antonio Giadás. Máis na fin de semana Chegan máis actos na Fundación Eduardo Pondal na fin de semana. I é que na tarde do sábado, 8 de setembro, a actriz Tamara Lema iniciará un Curso de Declamación e Escena en Lingua Galega, unha iniciativa pioneira na Costa da Morte. Os destinatarios será a rapazada. O curso impartirase todos os sábados do último trimestre do ano. A última proposta programouse para o sábado 15 de setembro. A Fundación, na súa filosofía de manter relación culturais con outras institucións do país, realizará unha saída para adultos á Romaría da Virxe do Cristal, na vila de Celanova (Ourense). As ligazóns con Celanova veñen a través da Fundación Manuel Curros Enríquez. A visita contará co asesoramento histórico e etnográfico de Luis Antonio Giadás. É necesario inscribirse de xeito previo.

Novas relacionadas

Fonte

  • FEP, da man de Xosé Manuel Varela.

Comentarios