Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Casa de Mourelle da Rúa xa é propiedade municipal

A Casa de Mourelle da Rúa xa é propiedade municipal
Casa do Almirante Mourelle en Ponteceso-Foto-Caminos do Mar

Por gracia dos 10 propietarios do eficio, o Concello de Ponteceso xa é o dono da Casa do Mourelle da Rúa. O histórico descubridor cormelán, que vivira, entre viaxe e viaxe, nesta casa do centro de Corme, pasa por ser un dos persoeiros máis importantes da nosa historia, por iso, calquera acontecimento ao seu redor é de vital importancia.

E con esta cesión, o Concello de Ponteceso, os veciños de Corme reciben un estupendo agasallo, recuperando parte da súa historia.

Haberá que pensar a que dedicalo, pero o primeiro paso será a restauración. O edificio, en clara situación de abandono, necesita unha importante reforma, que comezará polo impresionante escudo que a escolta. Coa axuda dos investimentos euripeos, seguro que este edificio poderá convertise un espazo didáctico sobre vela e navegación, un museo de naufraxios… por agora, todo son conxeturas.

Dende 2010, o ”capitán suicida”, como lle chama Juan Campos, xa ten unha rúa co seu nome en Corme.

mourelle-da-rua-busto

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios