A Gala do humor logra recadar 4000€ para levar a Martín Varela a #Río2016

O que hai que facer para ser olímpico. Aí estivo, o bo de Martín Varela, probablemente o mellor deportista da Costa da Morte nestes momentos, que para poder ter opcións de ir á Paraolimpiada, a representar a España, ten que tirar de humor, e de moitos amigos, para conseguir os fondos. I é que xa saben que “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”, como nos contaba nunha das súas entrevistas QPC.

O pasado venres, medio Corme achegouse ata o Teatro Colón, na Coruña, para botar unhas risas e apoiar ao seu veciño a acadar fondos. Os amigos de La Tuerka 27 armaron unha fantástica gala do humor, contando co mellor da escena monologuista da cidade herculina, e todo saíu de marabilla.

Comandada por Dani Currás, o mítico Pincho de Matalobos, subiron aos escenario unha Yessica Val sen pelos na lingua, un David Perdomo, o creador do Coruño, sinxelamente espectacular; Isabel Risco en clave de superheroína á “ghallegha”, a “Nabiza Girl”; os RockSchool que lle deron o ton musical para que Víctor Grande pechara a noite cunha versión de crise de Joaquín Sabina tremendamente inxeniosa e simpática.

Todo saíu estupendamente, e se recadaron nada menos que 4.000€ para poder ir participando en torneos internacionais, que serán fundamentais para acadar a clasificación para ir ás Paraolimpiadas de Río 2016. Non será suficiente, pero todo suma.

Foi unha noite especial, unha noite tremendamente emotiva. Martín subía ao comezo do espectáculo, nervioso coma un flan, pero é que a súa naturalidade faino unha persoa moi cercana. Riu, moito, pero tamén chorou “”foron as lágrimas mais dulces da miña vida”, comenta nas redes sociais. “Foi unha noite increíble e inolvidable. Estou tan agradecido a tod@s os que asistiron, participaron e contribuirón na gala que me faltan palabras para expresarme”.

Gracias a ti Martín, por facernos crer que teremos un representante nunhas olimpiadas.

DALLE!!

Entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).