Martín Varela preparará o Campionato do Mundo co torneo da casa


Alí estará David Castro para seguir a actuación do cormelán Martín Varela, que esta fin de semana de 8, 9, 10 e 11 de maio compite na casa. O 4º Open Internacional Cidade da Coruña de tenis en Carreira de Rodas, e o I Torneo Inclusivo Cidade da Coruña celébranse en Cambre, o lugar de adestramento do noso deportista máis internacional.
Apenas un mes despois da súa volta á competición, Martín xa prepara o Campionato do Mundo coa Selección Española, ao que acodirá este 26 de maio en Holanda. Non é que necesite puntos para estar alí, pois que é un dos 4 mellores tenistas do país non ten dúbidas, pero si que necesita vitorias para coller ritmo de competición e unha boa base psicolóxica.
Moita sorte ao noso Martín Varela!
Íntegro estará tamén en Cambre
Este venres, os/as usuarios/as de ÍNTEGRO desprazaranse ata a Escola de Tenis Marineda en Cambre para participar nas Actividades organizadas por COGAMI con motivo do Open de Tenis.
Será unha xornada de lecer e deportiva, xa que ademais de ver os partidos de tenis adaptado e recibir unha charla sobre este deporte; participaran nunha xornada multideportiva onde se acercarán a deportes como o fútbol, baloncesto, tenis, boccia e slalom.

Máis información
Novas relacionadas
- Martín Varela volve á Selección Española para disputar o Campionato do Mundo.
- 02-04-14: Martín Varela volve á competición.
- Entrevista de David Lourido: Martín Varela: “Para a Xunta non son deportista de alto nivel”.
- Xuño 2013: Novo doblete de Martín Varela en Zaragoza.
- Abril 2013: Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo.
- Abril 2013: Martín Varela comeza a temporada dende a Selección Española.
- Setembro 2012: Martín Varela pecha a tempada a golpe de títulos.
- Xuño 2012: Martín Varela e a Selección Española petan con Asia.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).