Venres. 19.04.2024
El tiempo

Martín Varela pelexou polas medallas da Copa do Mundo coa Selección Española

Martín Varela pelexou polas medallas da Copa do Mundo coa Selección Española
Martin Varela ca Seleccion Espanola de Tenis en Silla Ruedas

Sen lugar a dúbidas, o noso deportista máis internacional. I é que disputar unha Copa do Mundo coa Selección Española, mesmo tras case un ano parado por falta de apoios económicos, é espectacular. Aí estivo, na localidade holandesa de Alphen aan dean Rijn, disputando a Copa do Mundo de Tenis en Cadeira de Rodas coa “Roja”, acompañado polos xogadores Álvaro Illobre, Roberto Chamizo e Martín Varela, e capitaneados por Fernando Estevez. Non foron capaces de chegar á final (caeron en semis ante Belgica), pero conseguiron o obxectivo principal, a permanencia, consolidando a súa posición no Segundo Grupo Mundial.

O cormelán, integrante da Asociación Deportiva Vidú, e a Selección comezaba nun grupo coas seleccións de Grecia e Suiza. Debería quedar primeiro de grupo para non complicarse a permanencia no Segundo Grupo Mundial. E os nosos tenistas non defraudaron conseguindo vencer en ambas eliminatorias por un claro 3-0, vencendo tanto nos dous partidos individuais como no de dobres.

Martin Varela na Copa Mundo 2014 coa Seleccion Espanola

Loitando polas medallas

Unha vez conseguido o obxectivo de manterse, os pupilos de Fernando Esteve tiñan ante si a posibilidade de loitar por medalla. O seu oponente nos cruces foi a selección Bélgica. Esta foi unha dura eliminatoria, ata o punto de chegar 1- nos partidos de individuais e ter que decidirse o pase á final do Segundo Grupo Mundial no partido de dobres. Nesta ocasión venceron os belgas, o que afastaba aos españois da final. Desta forma, Illobre, Chamizo e Varela enfrontábanse á última eliminatoria do Mundial. Disputaron o terceiro e cuarto posto ante Italia. Gañou Italia a eliminatoria polo que a Selección Española Absoluta obtivo un meritorio cuarto posto entre as doce seleccións participantes do Segundo Grupo Mundial.

Pola súa banda os Junior realizaron un magnífico Mundial repetindo final do mesmo xeito que a edición anterior. O seu rival foi a potente Rusia. O equipo capitaneado por Lorenzo Hernández igualou a eliminatoria 1-1 pero perderon o partido de dobres. A Selección Española Junior logrou a medalla de prata na Copa do Mundo 2014.

Equipo Senior Selección Espanola Tenis en Silla de Ruedas 2014

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios