Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo

Unha festa para mandar a Martín Varela ao Campionato do Mundo
Martin Varela e querido en todo Corme pola sua implicacion na vila con co Festival ConVdevalares

Leva tempo o tenista internacional Martín Varela queixándose da falta de apoios da Xunta de Galicia. De feito, recoñecíanos nunha longa entrevista que "para a Xunta non son deportista de alto nivel”. Que sería deste cormelán se no canto de tenis en cadeira de rodas fose tenis a secas? Que pasa, temos en Galicia moitos números 1 de España e números 48 do mundo en algunha disciplina?

A falta de axudas públicas fai que cada temporada sexa moi complicado conseguir todos os retos que se prantexa. O ano pasado quedaba as portas da Olimpiada por non poder acodir a máis torneos internacionais e sumar os puntos necesarios (de ter ido a un par de torneos máis tivera obtido o pasaporte olímpico, pero eses torneos corren da súa conta de aforros…).

Este ano a cousa comezaba ben a nivel deportivo, coa convocatoria como nº1 á Selección Española e o primeiro título, o VII Open de Marbella. Martín ten o obxectivo claro: a Copa do Mundo. Pero non sabe se vai poder chegar. Economicamente falando, por suposto.

Contaba el mesmo, con bágoas nos ollos, onte a través das redes sociais a gran resposta da veciñanza cormelá ante esta situación. Un día máis, prantexábase sinceiramente deixalo todo e quedar na súa pequena papelería Vidú porque lle resulta "totalmente imposible costearme máis gastos derivados do tenis".

Pero ó chegar a casa atopouse cunha grata sorpresa: parte da Comisión De Festas de Corme estaban esperando na porta: "Que che parece se o día 16 de maio facemos unha festa na esplanada do muelle e o que se recaude o dedicamos a que poidas seguir competindo?".

Non puido conter as bágoas durante horas o bo do cormelán, tan querido como implicado co seu pobo. E así expresaba a súa vontade, con esta naturalidade e cariño:
"Esta xente e INCRIBLE. Xa non é a primeira ves que me axudan pero esto é simplemente.... non teño palabras que expresar esto que me recorre a espalda. Só me sae dicir que me sinto orgulloso de ser de Corme e de ter estes amijos. Esto quedará na miña cabeza e no meu corazón o resto da miña vida. Non sei os éxitos deportivos que terei no futuro, pero que vos quede ben claro que non serán meus, serán vitorias e éxitos de Corme e de todos os que veñan a esta festa. Teño que deixar de escribir si non vou tar chorando (de felicidade) ata pasado mañá GRACIAS POR CRER EN MIN. QUÉROVOS!!!"

Agora toca ir á festa e consumir ven, para seguir tendo un número 1 de España. E de paso, lle mandamos o recado á Xunta…

DALLEEEEE!!!!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Esteban Varela.

Comentarios