Unha carreira polo Roncudo por Ucraína

Presentacion da carreira solidaria por Ucraina no Roncudo
O domingo 10 de abril, Corme acollerá a segunda Popular Faro Roncudo. Un evento organizado dende departamento de Deportes, as entidades deportivas Abellariza e Vidú, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, a Deputación da Coruña, Protección Civil de Ponteceso.

A rescatada proba, despois do parón pola pandemia, ten un claro carácter solidario sumándose á á campaña que promove Cáritas, de xeito que os inscritos poden doar calquera cantidade económica, por pequena que sexa.

A proba raíña, de 6,2 km, partirá ás 11.00 horas da Praza da Ribeira para ir ata o Faro Roncudo e volver ó punto inicial. Outros percorridos haberá máis tarde para as categorías inferiores, e repartiranse medallas, trofeos e premios especiais.

O prazo de inscrición abrirase proximamente en www.carreirasgalegas.com e pecharase o 7 de abril ou cando se esgoten as prazas: 250 na categoría absoluta, e 150 nas dos menores.

Novas relacionadas