Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Pergoliña busca aloxamento para acoller refuxiados de Ucraína

A FEGAMP e os Concellos desaconsellan as doazóns en especie polas dificultades para atopar transporte seguro,
ENTREGA MATERIAL UCRANIA CAMARIÑAS
A pasada semana a Aociación de Protección Civil do Concello de Camariñas desprazouse á Coruña para entregar material (roupa, comida, produtos de hixiene persoal e cueiros para bebés) para Ucrania, a través da tenda CHILSA77.
A Pergoliña busca aloxamento para acoller refuxiados de Ucraína

Continúa mobilizándose parte da Costa da Morte, noutra nova demostración de solidariedade. Desta volta é a Asociación de Veciños A Pergoliña de Camelle a que envía un comunicado para buscar aloxamento para traer a refuxiados de Ucrania.

Xa ten dispoñibles dúas casas con cabida para 15 persoas pero necesitan máis espazo na zona. Agora mesmo están traballando cóbado con cóbado co Banco de Alimentos Rías Altas de A Coruña para traelos dende a fronteira de Ucraína.

Precisamente, o devandito Banco de Alimentos vén de abrir unha conta bancaria (ES34 2100 5902 7102 0016 8473) para recadar fondos para mandar medios de transporte á fronteira con axuda humanitaria e traer á xente que veña a Camelle ademáas doutras persoas ás que lle ofrezan aloxamento noutros pobos.

A FEGAMP recomenda doazóns económicas

Crú é o último comunicado da Federación Galega de Municipios FEGAMP, no que recomendan as doazóns económicas a través das ONGs que saibamos que traballan sobre o terreo (véxase Médicos do Mundo, Entreculturas,Educo, Ayuda en Acción, Criz Vermella, ACNUR, Aga…) e desaconsellan as doazóns en especie. Apuntan que as doazóns de material son menos eficientes, que non existen corredores humanitarios estables que permitan asegurar a distribución e acceso seguros, que supoñen custes administrativos e dificultades loxísticas… que en definitiva poden constituír unha mala práctica no eido da axuda humanitaria.

Novas relacionadas

Comentarios