Venres. 26.04.2024
El tiempo

Como axudar a Ucraína dende a Costa da Morte

Proteccion Civil Muros axudando a Ucraina
O CD Muros organizou xunto con Protección Civil unha recollida de alimentos no Eleuterio Balayo
Como axudar a Ucraína dende a Costa da Morte

Continúa a guerra en Ucraína enchendo as portadas de todos os informativos. Pero que podemos facer dende o noso curruncho? “A boa vontade non é suficiente”, sinalan dende as ONGS, invitando a que tomemos cartas no asunto.

ponte iluminada Ponteceso
A ponte de Ponteceso tínguese estes días de amarelo e azul

Poucos son os Concellos que se están involucrando para trasladar axuda dende a nosa comarca, en parte porque as instruccións dos goberno central e da Xunta, por medio da Fegamp, é que non hai garantía de entrega de ningún produto, polo que a recomendación principal é reservar todo para asistir os refuxiados que se espera chegan nas vindeiras datas

En calquera caso, hai Concellos, como Ponteceso, que poñen as cores das súas pontes das cores da bandeira ucraína, e que convocan para este mércores 9 de marzo unha concentración silenciosa ás 12:00h.

Pola súa parte, o Concello de Corcubión ofrece, a través da FEGAMP, dúas vivendas públicas e o albergue municipal para acoller refuxiados.

Houbo tamén iniciativas concretas de recollida de alimentos non perecederos como a que artellou este pasado domingo o CD de Muros en colaboración con Protección Civil no Eleuterio Balayo no marco do partido da Liga da Costa entre CD Muros e UD Monte Louro. Agora, a través do Concello de Muros intentarán enviar o material, pero as problemáticas nas estradas fan que mesmo os traballadores do GES se ofrecesen a facer de chóferes, mentres esperan a resposta das ONG.

Santa Comba axuda a ucraina
Santa Comba vólcase na coordinación da axuda

Outros, como Santa Comba, mobiízanse dende Servizos Sociais para informar do xeito de como axudar. Dende o Concello xalleiro, están involucrados primeiramente, a través da FEGAMP, en coñecer recursos dos que dispoñemos para axudar na acollida de refuxiados. Así, se algunha #familia de Santa Comba quixese acoller refuxiados ou ceder unha vivenda habitable, rógase o comunique a partir do luns ao Concello de Santa Comba 981104309), ao seu propio Concello ou a través deste formulario da FEGAMP.

Os propios empresarios da vila xalleira teñen en marcha unha campaña de recollida de alimentos e material ata o 13 de marzo.

Axuda Ucraina Empresarios Santa Comba

Como doar

Á hora de facer doazóns, ao final o mellor recurso para as entidades sociais, cómpre mirar ben onde se doa. Para o noso entender, cando máis concreta sexa a axuda, máis repercusión ten, e se coñeces directamente á xente que traballa detrás da entidade moito mellor.

Así, por exemplo na Coruña, vén de nacer a Asociación Aga-Ucraína, unha entidade local recén nada para a causa, a través da cal podes facer doazóns (IBAN : ES73 2080 0000 7230 4027 0691), participar como voluntario ou ofrecer a túa residencia para acoller refuxiados.

Tamén podedes poñervos en contacto co Comité Internacional de Cruz Vermella ou contactando directamente coa Cruz Vermellas de Carballo (981 70 37 64), CV Vimianzo (900 814 222) ou Cee.

Traballa arreo tamén estes días a Coordinadora Galega de ONGD, que fai varias recomendacións á poboación para canalizar e conseguir máis eficiencia nas súas accións solidarias. Varias ONGD da comunidade galega xa están levando a cabo accións de axuda en diversos ámbitos (saúde, infancia, refuxio, acompañamento, alimentación…) nas fronteiras de Ucraína e cos seus países veciños. Agora mesmo estas son as entidades que teñen xente traballando sobre o terreo:

Consellos para axudar

Preferiblemente, a Coordinadora anima a facer achegas económicas en non en especie. Os bens doados en especie en Galicia poden non ser axeitados ás necesidades da poboación e á situación humanitaria e loxística no terreo, que pode variar rapidamente en situacións de crise e debe ser avaliada constantemente. Ademais, supoñen custos e dificultades administrativas e loxísticas adicionais (necesidade de embalaxe, trámites nas alfándegas suplementarios, datas de caducidade…).

Comentarios