Corme volve acoller o Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro
Mentres Corme se convirte en laboratorio de cinema artesanal, a vila prepárase xa para o II Ciclo de Cine Documental Xosé Manuel Ferreiro. As xornadas que artella a Asociación Insua de Viastela, coa colaboración municipal e do Museo de Arte Contemporáneo da Costa da Morte, tratan de lembrar a figura do cormelán.
O ciclo desenvolverase estes 1, 2 e 3 de agosto, ás 19:30h no propio MACCMO, con tres citas interesantes.
O xoves 1 serán o cormelán Óscar Rey Calo e Fina Paulos, mestres do IES de Baio, os que traian a súa recua de premios polos seus traballos escolares audiovisuais usando a Intelixencia Artificial.
O venres 2 poderase ver o filme “O salazón”, de Ficción Producciones e dirixido por Nemedon.
E o sábado 3 hai doble sesión: “Bajando a Graná, subieno al Albayzín” e “Couto Mixto”, unha coprodución galaico-portuguesa.