Culmina o IES Maximino Romero de Lema un ano incrible en materia audiovisual. Ducias de premios leva o centro baiés, que pelexará tamen polo “IX Encuentro Educativo de Creación Audiovisual Fuente Obejuna de Cortos, FOCO 2024”. O centro participa neste festival de cine educativo coa curta “Precursoras en la lucha por la igualdad” protagonizada polas alumnas Nerea Torrado de Ciclo Medio de “Sistemas Microinformáticos e redes” e Marina García de 2º de Bacharelato, coa coordinación dos profesores Fina Paulos Lareo e Óscar Manuel Rey Calo.

Ó festival presentáronse 120 curtas de toda a Península e, para o Centro baiés “ten moita relevancia que este traballo documental fora escollido entre todas elas porque o nivel dos traballos na presente edición é moi alto”.
“Precursoras en la lucha por la igualdad” é unha breve curta-documental na que Clara Campoamor e Emilia Pardo Bazán, falan das súas experiencias na loita pola igualdade. Para isto, Nerea Torrado y Marina Camafreita fanlles unha entrevista de radio grazas ao uso da intelixencia artificial, dando voz a estas dúas persoas relevantes na Historia de España, no que a loita polos dereitos das mulleres se refire.
"Dende o IES de Baio seguimos afondando e investigando no eido da intelixencia artificial para a posta en valor desta tecnoloxía como transmisor de valores, algo que xa levamos facendo dende hai máis dun ano, formando tanto a alumnado como profesorado da contorna para que utilicen a IA con responsabilidade e sacándolle todo o proveito como ferramenta educativa", explican.
Saberemos o gañador o vindeiro mes de outubro en Fuente Obejuna, na provincia de Córdoba.
MÁIS NOVAS DO IES DE BAIO
- O IES de Baio culmina un ano máxico co Premio INNOVAGAL á súa traxectoria de compromiso coa innovación educativa
-
O rap de consellos sobre consumo de "Loz Pozzes", novo premio para o IES de Baio
-
-
Un novo vídeo con IA do IES de Baio leva un premio do Certame de Curtas da ADOS
-
Os vídeos con IA do IES de Baio conseguen gañar outro certame
-
-
Novo premio para o IES de Baio por un vídeo sobre igualdade e IA
-
O IES de Baio leva un novo premio autonómico en materia de Innovación Educativa
-