David Castro fala con Martín Varela, un dos mellores deportistas da Costa da Morte

Xa temos falado con el sobre os seus problemas coas administracións, e hoxe, David Castro afonda máis na persoa e na carreira dun dos mellores deportistas da Costa da Morte.

Martín Varela Dourado, nado en Corme o 4 de xuño de 1978, ten unha discapacidade física dende o ano 1998, cando sufriu un accidente de tráfico. Tras unha longa e dura recuperación física e mental, comezou a practicar o tenis da man do seu irmán Esteban, que é licenciado en INEF.

Todo comezou nunha pista que había no lugar de San Hadrián (Corme) xunto co seu irmán e pouquiño a pouco foi entrando no mundo do tenis en silla ata que no 2003, comezou a adestrar na escola de tenis Marineda (Cambre). Tras varios anos de esforzo e traballo acadou o seu primeiro título no ano 2006 en Tenerife, o cal el mesmo califica como o seu mellor momento como tenista.

Hoxe por hoxe, Martín é unha eminencia nesta disciplina a nivel nacional, na cal conta cun palmarés espectacular pero a pesar desto, este cormelán ten unha gran dificultade para xogar o tenis polo mesmo motivo que no resto dos deportes que están considerados como minoritarios, o económico, co cal se ten que enfrontar día tras día e co que loitará para poder acudir aos xogos paralímpicos de Río 2016.

Dálleeee Martín!!!


Máis entrevistas con Martín Varela

Máis información

Novas relacionadas

Fonte