A familia Rett ten nova sesión vermú solidaria
14 de maio de 2024 (07:54 h.)
Volve a familia de Daniela e a Asociación Mi Princesa Rett organizar un evento para recadar fondos. O domingo 2 de xuño , coa colaboración de ducias de voluntari@s, locais comerciais, e o Concello, artellan unha macro sesión vermú a partir das 11:00h na Praza do Recheo de Ponteceso.
Persoeiros como Laura Añón, César Romero, María Fraga, Diego Moreira, Alejandra Pais… compartirán protagonismo coas discos móbiles e mais coas coches clásicos.